Monday 29 de April de 2024

Concurso de decoración de Nadal para comercio e locais hostaleiros


O concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de Comercio, Veva Betanzos; presentaron hoxe o concurso de decoración de Nadal dirixido a comercios e locais hostaleiros.

O concurso está aberto a negocios de todo o concello, e haberá 3 premios para cadamodalidade; un primeiro premio cunha cesta valorada en 300 euros, un segundo premio cunha cesta valorada en 200 euros e un terceiro premio que constará dun bono de 150 euros para gastar no comercio local.

Segundo explicou o concelleiro Suárez-Puerta, o propósito do concurso é a dinamizacióndo comercio e tecido económico do Concello durante as festas e “conseguir un Nadal máis vistoso entre todos”. O xurado que valorará a decoración dos comercios estará formado por representantes da hostalaría; e o xurado que valorará a decoración dos negocios estará formado por representantes dos locais comerciais.

Asimesmo, o concelleiro anunciou que tamén se levará a cabo un concurso en tódalas parroquias de decoración de fachadas para tódolos fogares que desexen participar, cuxas bases se anunciarán proximamente.